Probando o Xogo "Montes de Hierro en común"


 

O pasado venres dia 2 de Setembro, estivemos Vanesa, Alex, Xes, Maria e Iñaki probando o xogo «Montes de Hierro en común» en Vigo.
Desenvolvemos este dispositivo para o proceso Hibrilaldiak no que vimos traballando en varias sesións:

Sesión 1: Comezamos coas sesións de Hibrilaldiak

Sesión 2 _ Segunda sesión Hibrilaldiak

O xogo consiste en experimentar a xestión en común da Via Verde Montes de Hierro.
Pretende cohesionar ao grupo formado contorna á Vía Verde, poñéndoos en hipotéticas situacións que lles fagan tomar decisións, repartir responsabilidades, e realizar achegas desde o individual ao común.
Ao longo da partida iranse xerando debates nos que as xogadoras terán que escoller ou propoñer diversas estratexias. Non se trata dun xogo competitivo, senón cooperativo.

O xogo recolle algúns recursos dos «Xogos de rol», como a figura do game-master e unha narración predefinida á vez que aberta. Tamén inclúe o azar, con tiradas de dados de 10 caras. Xógase con 4 tipos de fichas que se corresponden con bens materiais e inmateriais.

Na vindeira sesión realizaremos a «partida oficial» cos diversos axentes da Via verde implicados no proceso. Xa vos contaremos !

Publicado por fur alle falle

www.furallefalle.com

Deja un comentario